Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fiscais e xuíces maniféstanse contrarios á lei da amnistía

Fiscais e xuíces maniféstanse contrarios á lei da amnistía

Os fiscais do procés non ven viable levantar a orde de detención contra Puigdemont

G24.gal 30/05/2024 15:15

Os fiscais do Tribunal Supremo que levaron o caso do procés opóñense a aplicar a amnistía aos condenados por malversación e tamén son contrarios a retirar a orde de detención contra Carles Puigdemont. Dixéronllo esta mañá ao fiscal xeral do Estado, a Álvaro García Ortiz, que se reuniu con eles para unificar criterios.

Tamén empezan a pronunciarse sobre a norma as asociacións de xuíces. Sergio Oliva, voceiro da Asociación Xudicial Francisco de Vitoria, cre que é un texto que crea "inseguridade xurídica, porque non ofrece claridade, precisión, sobre o que son delitos ou non amnistiables". Lamenta, ademais, "que se desoíran as críticas e as alertas de moitos xuristas durante a tramitación parlamentaria".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade