Cargando resultados...
Fito y Fitipaldis entusiasma o seu público en formato íntimo
Fito y Fitipaldis entusiasma o seu público en formato íntimo
Actuaron este venres no Mar de Vigo e pola noite subirán ao escenario no Pazo da Ópera da Coruña
G24.gal
29/10/2022 10:53
Última actualización 29/10/2022 11:55
Fito y Fitipaldis volven a Galicia logo de rematar unha das súas xiras máis multitudinarias. Desta volta, regresan no marco dunha serie de concertos en teatros e auditorios, en formato íntimo.
O público que conseguiu entradas para o recital deste venres no Mar de Vigo puido gozar co seu mellor repertorio. Hoxe, subirán de novo ao escenario no Pazo da Ópera da Coruña.
Ademais das cancións do último disco "Cada vez cadáver", presenta os clásicos cun matiz diferente. Para iso, súmanse á banda nesta xira Jorge Arribas e Diego Galaz de Fetén Fetén, Carlos Raia, Javier Alzola, “Bolígrafo” Climent e “Coki” Giménez.