Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fomación en primeiros auxilios para personal do Concello e veciños de Vilagarcía

Fomación en primeiros auxilios para personal do Concello e veciños de Vilagarcía

Cursos téoricos e de manexo de desfibriladores a persoal do Concello e a xente na rúa

G24.gal 10/09/2024 14:34

A importancia dos primeiros auxilios nunha situación de emerxencia é vital, e o Concello de Vilagarcía aposta por achegar toda esta información á cidadanía. Os técnicos do Servizo Municipal de Emerxencias están a formar todo o persoal do Concello, pero tamén os veciños na rúa.

Teoría e práctica para salvar vidas. O persoal de emerxencias do Concello de Vilagarcía visitou hoxe a Escola Municipal de Música para formar o persoal en primeiros auxilios e manexo de desfibriladores. Onte comezaron os programas de formación para todo o persoal do Concello e a veciñanza.

Amosan coñecementos básicos para actuar en situacións de emerxencia como paradas cardíacas ou respiratorias, fundamental para actuar en lugaes coma este centro que conta con máis de trescentos alumnos de entre 3 e 60 anos.

O Concello aposta por formar tamén os veciños, con cursos na praia e na rúa que se sucederán ao longo do ano. Formación para salvar vidas que nesta escola de música non precisa ir ao ritmo da Macarena 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade