Formación e captación de persoal noutros países para paliar a falta de man de obra en sectores estratéxicos
Formación e captación de persoal noutros países para paliar a falta de man de obra en sectores estratéxicos
Só en Lugo calculan que precisan 400 traballadores na construción
A falta de man de obra cualificada é un mal común en todos os sectores, pero nalgúns, como o da construción, faise máis evidente, sobre todo desde a crise. Só en Lugo calculan que precisan 400 traballadores. Por iso promoven medidas para facer este sector máis atractivo.
O mesmo fan os transportistas. Lamentan que na FP non se contemplen ciclos orientados a este sector, moi ameazado pola falta de remuda xeracional.
Outro sector sempre sinalado é o da hostalería. Din que o que realmente falta é persoal cualificado, unha carencia que compensan, por exemplo, coa formación de galegos retornados e outros plans de inserción. Lembran que a hostalería xera en España máis de dous millóns de empregos ao ano.