Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fran Mérida e Mario da Costa reforzan a un Lugo que quere o ascenso

Fran Mérida e Mario da Costa reforzan a un Lugo que quere o ascenso

Mérida pasou por equipos como o Arsenal, a Real Sociedade, o Atlético de Madrid ou o Paranaense

Da Costa desempéñase principalmente como extremo esquerdo, e chega a Lugo tras etapas en clubs como Málaga, Granada, ou Atlético de Madrid

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 30/01/2024 18:10 Última actualización 30/01/2024 18:24

O Lugo segue a apostar forte por rematar en postos de ascenso na Primeira Federación. Presentou a súa fichaxe estelar neste mercado de inverno, o mediapunta Fran Mérida. A súa traxectoria é impresionante desde que despuntara nas categorías inferiores da selección no europeo sub-17 de Bélxica en 2007. 

O Arsenal captouno e debutou co primeiro equipo. Pasou pola Real Sociedade, Atlético de Madrid, Osasuna ou Español en Primeira e tivo outras experiencias internacionais en Braga ou no Atlético Paranaense do Brasil, co que xogou a Copa Libertadores. 

Desde 2022 estaba no fútbol chinés (Tianjin Jinmen) e en decembro volveu a Barcelona onde se atopaba adestrando. Quería seguir xogando no fútbol español e o Lugo fixo unha aposta clara. Ofreceulle unha temporada e media de contrato co que Mérida non dubidou. 

Ademais, o Lugo e o Eldense chegaron a un acordo para a cesión de Mario da Costa ao club albivermello ata final de tempada. Da Costa (14-4-01, Málaga) desempéñase principalmente como extremo esquerdo, e chega a Lugo tras etapas en clubs como Málaga, Granada, ou Atlético de Madrid, entre outros.

Velocidade e verticalidade para un xogador que suma un novo perfil para o ataque amurallado. Mario da Costa incorpórase de inmediato ao traballo co grupo, e a data da súa presentación terá lugar o mércores 31 ás 09:00 h.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar