Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vaga de frío ártico mantén en alerta 100 millóns de persoas nos EUA

A vaga de frío ártico mantén en alerta 100 millóns de persoas nos EUA

As consecuencias deste temporal deixan máis de corenta persoas falecidas

Imaxe de Milwaukee, nos Estados Unidos
G24.gal 20/01/2024 09:50 Última actualización 20/01/2024 14:19

Unha sucesión de frontes con aire ártico mantén en alerta 100 millóns de persoas nos Estados Unidos. Dous terzos do país comezan a fin de semana con temperaturas de 20 graos baixo cero en moitos puntos.

Ata o momento, as consecuencias deste temporal deixan máis de corenta persoas falecidas. As nevaradas están a dificultar a vida cotiá e obrigou a cancelar centos de voos nos lugares máis afectados.

Dende que comezou, o pasado día doce, os termómetros chegaron a rexistrar ata 45 graos baixo cero. A situación foi especialmente grave en Tenessee, onde morreron catorce persoas, e en Pensilvania, onde cinco persoas faleceron nun accidente de tráfico provocado pola neve e o xeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade