Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia lidera a vacinación de reforzo en todas as franxas de idade

Galicia lidera a vacinación de reforzo en todas as franxas de idade

Xa foron administradas preto de seis millóns de vacinas en Galicia

O Sergas vai retomar a vacinación de maiores de corenta este mes

G24.gal 02/01/2022 14:14

O proceso de vacinación fronte á covid está sendo determinante nesta sexta onda. Galicia rematou 2021 con boas cifras e con obxectivos xa marcados para seguir a campaña neste comezo de 2022.

Nos centros de vacinación masiva administráronse xa preto de seis millóns de vacinas. Case dous millóns e medio de persoas teñen a pauta completa.

Galicia é unhas das comunidades con máis porcentaxe de doses administradas respecto ás recibidas. Só no último día do ano puxéronse preto de 10.000 unidades en toda a comunidade. No que respecta á vacina de reforzo, é a primeira en todas as franxas de idade.

O Sergas volverá citar esta semana as persoas maiores de corenta anos. O obxectivo é que a dose de reforzo chegue a 120.000 galegos e galegas na segunda semana de xaneiro.

Respecto ao grupo de menores de once, as autoridades sanitarias estiman que a mediados de xaneiro máis do 90 % teña posta a primeira dose. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos