Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia aposta por facer presión para frear o veto de Bruxelas á pesca de arrastre

Galicia aposta por facer presión para frear o veto de Bruxelas á pesca de arrastre

A conselleira do Mar presidiu en Burela o Consello Galego de Pesca

Burela, punto de encontro náutico-pesqueiro ata o domingo con Expomar

G24.gal 10/05/2023 20:51 Última actualización 10/05/2023 20:59

O sector pesqueiro galego aposta por traballar desde todas as frontes para frear os plans de Bruxelas que restrinxen a pesca sen informes que o xustifiquen. Así o decidiron na reunión do Consello Galego de Pesca que se celebrou en Burela.

Unha xuntanza presidida pola conselleira do Mar Rosa Quintana en que se abordaron as distintas propostas da Comisión Europea para limitar a pesca en augas comunitarias e as súas consecuencias para a frota galega.

O diagnóstico foi unánime: o sector considera que algunhas decisións, como o veto á pesca de fondo, son inconcibibles e poden resultar letais para os pescadores galegos.

Por iso constataron a necesidade de traballar desde todos os ámbitos para parar todos os plans de Bruxelas que non estean avalados por informes científicos e que non teñan ademais informes de impacto económico e social.

"Queremos trasladarlle á sociedade que o da pesca é un sector competitivo, que está preocupado polo coidados dos seus recursos. E que é un sector que, sendo produtor de alimentos con moi baixa pegada de carbono, estase vendo sometido a uns ataques de determinados activistas medioambientais que acaban convencendo a Comsión de facer regulamentos que van contra a súa actividade", di a conselleira Rosa Quintana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade