Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia aspira a producir metanol verde en Caldas de Reis

Galicia aspira a producir metanol verde en Caldas de Reis

O proxecto inclúe a creación dun parque eólico para xerar hidróxeno verde

G24.gal 25/10/2022 13:57

Galicia aspira a producir metanol verde, procedente de enerxías renovables, en Caldas de Reis. O proxecto, que opta a conseguir fondos europeos, servirá para fabricar compostos derivados da madeira na fábrica de Foresa.

A previsión é que este proxecto, chamado Green Umia, permita reducir unhas 58.000 toneladas de CO2 nos primeiros dez anos.

Cun orzamento previsto de máis de 40 millóns de euros, o obxectivo é producir en Caldas metanol verde procedente de fontes renovables que empregarán, entre outras cousas, para fabricar colas, resinas ou adhesivos. Reducen así a importación de metanol do estranxeiro e gañan en competitividade.

Francisco Conde, Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, destacou que neste momento non se está a producir metanol verde en Europa é que esta iniciativa conxunta de Foresa e Iberdrola permítelle a Galicia desenvolver este proxecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade