Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia e outras tres comunidades piden en Bruxelas que se reconsidere a protección do lobo

Galicia e outras tres comunidades piden en Bruxelas que se reconsidere a protección do lobo

As comunidades lobeiras din que a medida pon en risco a supervivencia do medio rural

Os gandeiros piden máis protección para as súas explotacións

G24.gal 12/09/2022 16:13 Última actualización 12/09/2022 16:33

Preto dun ano leva prohibido en España cazar o lobo, pero a polémica continúa entre ecoloxistas e gandeiros. As comunidades autonómicas máis afectadas, Galicia entre elas, elevaron este luns o seu malestar a Bruxelas.

A conselleira de Medio Ambiente galega e os seus homólogos das comunidades de Asturias, Castela e León e Cantabria reuníronse co comisario europeo de Medio Ambiente.

As catro comunidades concentran o 90 por cento dos lobos que hai en España.

Sobre a mesa, a súa desconformidade coa decisión do Goberno de incluír o lobo na listaxe de especies en réxime de especial protección.

Aseguran que o número de lobos non para de medrar e que os principais prexudicados son os gandeiros que ven ameazadas as súas reses e acaban por abandonar as explotacións.

En España existen na actualidade unhas 300 mandas de lobo, haberá uns 2.500 exemplares repartidos, sobre todo, polo norte. 

"Galicia que é o 5 % do territorio nacional ten máis mandas de lobos que toda Francia e Portugal xuntos. Así que algo bo estivo a facer Galicia", di Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente.

En España está prohibido matar, capturar, perseguir ou molestar o lobo. Unha medida que naceu con polémica e con polémica continúa un ano despois.

O debate trasládase a Bruxelas, onde os gobernos destas catro comunidades lobeiras din que a medida do Goberno pon en risco a gandaría extensiva e a supervivencia do medio rural.
Alejandro conselleiro de Desenvolvemento Rural de Asturias

"Estamos intentando abordar as cuestións relativas á prevención e á indemnización pero tamén explorar ao máximo a realización de controis", engade Alejandro Calvo, conselleiro de Desenvolvemento Rural de Asturias.

Os catro conselleiros, que piden volver xestionar os censos nas súas respectivas comunidades, reuníronse co comisario europeo de medio ambiente ao que lle presentaron un informe que cuestiona a posición do Goberno de España. 

Somos os posuidores e xestores do 98 %  da poboación de lobo, cunha xestión responsable, defendeu Juan Carlos Suárez-Quiñones, conselleiro de Medio Ambiente de Castela e León.


Din que son innumerables os problemas que xera a inclusión do lobo nesta listaxe de protección. Un informe que remitiron tamén ao comité de organizacións profesionais agrícolas da Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade