Cargando resultados...
Galicia atende 65.000 persoas con dependencia
Galicia atende 65.000 persoas con dependencia
Son 50.000 persoas máis que antes de poñer en marcha o plan de dependencia
G24.gal
21/01/2022 16:56
Mais de 65.000 maiores reciben neste momento algún tipo de atención á dependencia en Galicia. Son 50.000 persoas máis que hai 13 anos cando se poñía en marcha o plan de dependencia.
Hai nestes momentos máis de 13.000 prazas públicas en residencias e centros de maiores e unhas 24.000 persoas reciben axuda no fogar ou os servizos de xantar na casa. Os esforzos diríxense agora a incrementar as prazas públicas de atención a maiores e tamén en reducir á metade os prazos para atender a dependencia.