Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mestrelab aspira a ser líder en biotecnoloxía co seu novo centro de investigación en Santiago

Mestrelab aspira a ser líder en biotecnoloxía co seu novo centro de investigación en Santiago

O centro Mestrelab vai permitir acelerar os tempos para que novos fármacos e terapias cheguen aos cidadáns

Na súa inauguración, Alfonso Rueda dixo que a Xunta seguirá apostando por todas as iniciativas que reteñan talento e xeren emprego na comunidade

G24.gal 08/11/2024 14:38

Situado a carón da universidade compostelá, o novo centro de investigación Mestrelab traballa no desenvolvemento de programas que empregan as farmacéuticas máis importantes do mundo. Con este software axilízase o deseño de novas terapias e recórtanse os tempos para poñer no mercado novos medicamentos.

Santiago Domínguez, director executivo de Mestrelab, explica que se "van investigar técnicas de intelixencia artificial e tecnoloxías de laboratorio para axudar no desenvolvemento de novos materiais e terapias para que cheguen ao mercado antes. Os nosos clientes usan as nosas tecnoloxías para desenvolver tratamentos oncolóxicos e tratamentos para enfermidades neurodexenerativas".

O presidente da Xunta destaca a capacidade de Galicia para converterse nun referente en innovación e investigación. Alfonso Rueda asegura que o Goberno galego seguirá apoiando proxectos que reteñan talento e xeren riqueza na comunidade. "Trátase de traducir o coñecemento en innovación, que esa innovación sexa competitiva e que traia novas empresas e riqueza e futuro para Galicia", afirma Rueda.

De aquí a catro anos no centro estarán traballando 350 investigadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade