Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia comeza a toma de mostras de ADN para detectar doenzas hereditarias

Galicia comeza a toma de mostras de ADN para detectar doenzas hereditarias

Dous mil voluntarios de 35 a 70 anos cederán unha mostra de ADN para analizar os riscos que teñen de padecer catro doenzas de carácter hereditario

G24.gal 02/09/2024 17:36 Última actualización 02/09/2024 19:29

O Consello da Xunta aprobou este luns a posta en marcha da pilotaxe do Proxecto Xenoma Galicia coa toma de mostras de ADN. Esta iniciativa do goberno galego, "pioneira" no mundo, ten como obxectivo avanzar na prevención de enfermidades e nos tratamentos personalizados.

Dous mil voluntarios de 35 a 70 anos van ser chamados de xeito inmediato para recollerlles unha mostra de ADN para analizar os riscos que teñen de padecer catro doenzas de carácter hereditario: cancro de mama e de ovario; síndrome de Lynch, que pode derivar en cancro de colon, e a hipercolesterolemia familiar. A Xunta destinará a esta fase do Proxecto Xenoma Galicia 2,5 millóns de euros.

"Este é un proxecto de dimensión mundial que se vai desenvolver en Galicia, con moitas implicacións á hora da súa tramitación, que arranca con esta primeira toma de mostra de ADN. Ao final está detrás desa aposta que estamos facendo pola medicina personalizada", explicou Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

O obxectivo do Proxecto Xenoma Galicia é detectar as enfermidades antes de que aparezan, mellorar o diagnóstico precoz e conseguir tratamentos personalizados. A Xunta financiará a contratación de persoal altamente cualificado e o equipamento para levalo a cabo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos