Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia comeza a vacinar coa dose de reforzo os maiores de 60 anos

Galicia comeza a vacinar coa dose de reforzo os maiores de 60 anos

Unhas 395.000 persoas están chamadas a recibir a terceira dose nos 16 centros de vacinación masiva

O calendario previsto acada o obxectivo de vacinar esta franxa de idade antes do Nadal

G24.gal 01/12/2021 08:20

A vacinación para o grupo de 60 a 69 anos en Galicia comeza este mércores. O obxectivo é ter a toda a poboación de máis risco, xunto cos sanitarios, inmunizada coa dose de reforzo antes do Nadal.

Os corredores dos centros de vacinación son un ir e vir de pacientes. Desta volta os citados son a poboación comprendida entre 60 e 69 anos que recibirán a terceira dose de reforzo entre o 1 e o 10 de decembro. 

En Galicia están chamadas a vacinarse unhas 395.000 persoas. Moitas delas recibiran na primeira fase AstraZeneca e agora poñeranlle Pfizer ou Moderna indistintamente.

Moitos acoden puntuais á súa cita e pero a ansia por esta dose extra leva a algúns a adiantarse. Uns e outros coinciden en que é un plus de tranquilidade e que cada picada individual suma para un éxito colectivo.

O calendario previsto acada o obxectivo de vacinar esta franxa de idade antes do Nadal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade