Galicia administrá desde o 15 de setembro a vacina contra o papiloma humano a nenos
Galicia administrá desde o 15 de setembro a vacina contra o papiloma humano a nenos
O 1 de novembro inocularanse as novas vacinas infantís incluídas no calendario, a da meninxite B e a da gripe
Sobre a poboación para vacinar, a dose contra o virus do papiloma humano, ademais de á poboación feminina, administrarase aos nenos nados desde xaneiro de 2010
Galicia comezará o próximo 15 de setembro a administrar a vacina contra o virus do papiloma humano a nenos e o 1 de novembro a inocular as novas vacinas infantís incluídas no calendario, a da meninxite B e a da gripe.
Así o confirmou este mércores o presidente da Xunta Alfonso Rueda, que explicou que o novo calendario de vacinación infantil, que incorpora estas novidades, será aprobado este xoves no Consello da Xunta.
Sobre a poboación para vacinar, a dose contra o virus do papiloma humano, ademais de á poboación feminina, administrarase aos nenos de 12 anos, o cal afectará a todos os varóns nados desde xaneiro de 2010.
Pola súa banda, a vacina contra a meninxite B administrarase en tres doses, aos dous meses, catro meses e 12 meses, para os bebés nados desde o 1 de setembro de 2022. Segundo confirmou o conselleiro de Sanidade, non está previsto incluír aos nados previamente. A maiores, inclúese no calendario de vacinación da gripe a todos os nenos entre seis meses e cinco anos.
E novidades tamén na vacinación da covid. Sanidade quere que maiores de 80 e usuarios de residencias reciban a segunda dose de reforzo ao mesmo tempo que a vacina da gripe.