Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia comparte medidas pioneiras de intelixencia artificial na busca de emprego

Galicia comparte medidas pioneiras de intelixencia artificial na busca de emprego

O conselleiro de Emprego apostou pola microformación para adaptarse ás necesidades das empresas

G24.gal 15/10/2024 14:43

A intelixencia artificial está implantada en moitas disciplinas, e Galicia emprégaa, por exemplo, para casar a oferta coa demanda laboral. O conselleiro de Emprego explicoulles hoxe a representantes doutras oito comunidades autónomas como funciona a ferramenta que están a usar nas oficinas de emprego para conseguir que máis xente atope traballo.

José González, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración: "Estamos demandando ao Goberno central máis flexibilidade na formación para avanzar cara á microformación, microcredenciais. Dar aos traballadores as competencias específicas que demandan as empresas para devolvelos ao mercado laboral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos