Publicador de contidos
Publicador de contidos

O centro Aimen do Porriño celebra a Semana Internacional do Láser

O centro Aimen do Porriño celebra a Semana Internacional do Láser

Investigadores e empresas amosan a utilidade desta tecnoloxía nos procesos industriais

Acada especial protagonismo na fabricación de motores e baterías para coches eléctricos

 

G24.gal 16/10/2024 14:56 Última actualización 16/10/2024 15:55

Aforra cartos e tempo, e permite unha maior precisión no corte e na soldadura de pezas. Son algunhas das vantaxes que o láser achega aos procesos de fabricación na aeronáutica ou a automoción. Na fabricación de motores para coches eléctricos adquire especial utilidade, porque traballa con materiais como o aluminio ou o cobre.

"A diferenza do motor de combustión, de aceiro, o eléctrico implica usar eses outros materiais. Co noso láser logramos soldaduras en cobre totalmente estables, sen poros nin salpicaduras, e iso o estamos aplicando na fabricación de baterías e nos motores eléctricos", explica Mikel Bengoa, de Láseres Coherent.

Grandes e pequenas empresas poden beneficiarse da integración do láser nos procesos, sobre todo naqueles máis repetitivos, para que o soldador poida dedicarse a outras tarefas.

"A idea non é quitar postos de traballo con robots. Ao revés, precisamos manter estes postos aquí para ser competitivos a nivel mundial, de feito fai falta remuda xeracional de soldadores. Do que se trata é de reducir custos mantendo os postos de traballo para ser máis produtivos", engade Juan Isaza, de enxeñería Exom.

Empresas, investigadores e expertos do procesado láser reúnense no Porriño esta semana nunha cita organizada polo centro tecnolóxico Aimen.

"Neste edificio do Porriño temos máis de 20 fontes láser e traballamos con sectores como o metalmecánico, a automoción ou a aeronáutica que requiren que investiguemos os seus procesos", di Ambroise Vandewynckele, subdirector de I+D de Aimen.

Todo un referente da investigación, con máis de 50 anos ao servizo da innovación e a industria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos