Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, terceira comunidade con máis bandeiras azuis en 112 areais

Galicia, terceira comunidade con máis bandeiras azuis en 112 areais

Lucirá por primeira vez en tres areais galegos: Porto Suevos, no concello coruñés de Arteixo; Banda do Río, en Bueu, e Santa Baia, en Vigo

Hai 11 portos deportivos distinguidos e 29 rutas de sendeirismo

G24.gal 11/05/2022 12:15

As praias galegas Porto Suevos, en Arteixo; Banda do Río, en Bueu, e Santa Baia, en Vigo, lucirán por primeira vez a bandeira azul. Ademais, a de Fontela Valea, en Barreiros, volve sumarse á listaxe de areais galegos con esta distinción, despois de que o ano pasado non a recibira.

O xurado internacional que outorga este distintivo publicou este mércores a listaxe de areais e portos que conseguiron a insignia no 2022. 

En total, Galicia suma 112 bandeiras azuis en 34 concellos, o que a converte na terceira comunidade con máis distintivos por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía.

Sanxenxo, con 17, é o concello con máis distincións dos 48 países onde se conceden as bandeiras azuis. Galicia ten en Bastiagueiro un caso salientable: é a única praia que leva tendo bandeira azul dende que se crearon en 1987. No interior de Galicia repiten a praia fluvial A Calzada, en Ponte Caldelas, e A Lagoa das Pontes

Relación de praias galardoadas este 2022

Portos distinguidos

Na provincia de Pontevedra: C. N. Portonovo, P. D. Juan Carlos I, R.C.N. Sanxenxo, P. D. Cangas e o Monte Real Club de Iates de Baiona.

Na provincia da Coruña: C. N. Boiro-Marina Cabo de Cruz, C. N. Sada e P. D. Sadamar, R. C. N. A Coruña-Marina Real e R. C. N. Portosin.

Na Provincia de Lugo: P. D. de Ribadeo.

Ademais destes distintivos en portos deportivos tamén foron recoñecidas 29 rutas de sendeirismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade