Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia continúa restando casos activos, pero suma ingresos e contaxios diarios

Galicia continúa restando casos activos, pero suma ingresos e contaxios diarios

Onte entrou en vigor o novo protocolo covid, polo que non se notificaron os positivos por autotest do luns, pero aínda están os detectados o domingo

O Sergas notificou sete decesos por mor da covid

Jessica Fernández 29/03/2022 10:29

Os casos activos seguen baixando (-963) e están por debaixo dos 21.000. En total, hai 20.876 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte e rexístranse 1.292

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.335 (-233)

Vigo: 3.960 (-208)

Ourense: 2.273 (+56)

Santiago: 3.427 (-190)

Lugo: 2.438 (-150)

Pontevedra: 2.320 (-127)

Ferrol: 2.045 (-102)

En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta en planta (+4), pero mantense nas UCI. En total, hai 25 e 442 persoas ingresadas respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou sete decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.194 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos