Galicia convértese no sétimo destino turístico de España
Galicia convértese no sétimo destino turístico de España
O 25 % dos visitantes son estranxeiros
A directora de Turismo di que o sector mantén boas expectativas para os próximos meses
Galicia acumula marcas turísticas este ano. Só en xullo, a comunidade recibiu máis de 615.000 visitantes e superou o millón trescentas mil pernoctacións.
"Por primeira vez xa estamos no sétimo posto despois das seis comunidades autónomas que son destinos turísticos por excelencia"
A directora de Turismo subliña a recuperación dos visitantes estranxeiros.
"No cómputo global dos sete primeiros meses, xa temos un 25 % de turistas estranxeiros"
Nava Castro cre que a descentralización do programa xacobeo actúa de impulsor do turismo máis aló de Santiago.
"Todos os festivais que van desde maio ata finais de novembro están a facer un efecto chamada"
A responsable de Turismo da Xunta avanza que o sector é optimista respecto dos próximos meses.
"En principio polo que nos transmiten, as expectativas son moi boas"
Castro recorda que a mediados de setembro volve o bono turístico para favorecer o turismo interior fóra da temporada alta.