Galicia dálle a benvida ao Xacobeo 2022
Galicia dálle a benvida ao Xacobeo 2022
A Porta Santa seguirá aberta 365 días máis
Un espectáculo de música, luz e cor inagurou o novo Ano Santo
A catedral de Santiago vístese de gala para recibir o Xacobeo 2022.
Non houbo acto oficial de apertura da porta Santa porque xa non se chegou a pechar. Pero esta tarde celebrouse un espectáculo de música, luz e cor para proclamar a continuidade do Ano Santo.
O gaiteiro Carlos Núñez foi o encargado de conducir o acto, en que tamén participaron o músico Xabier Díaz, as Tanxugueiras e a Real Banda de Gaitas de Pontevedra. Numerosas autoridades e entidades vinculadas ao Camiño de Santiago participaron no evento.
Hoxe remata o Ano Santo de 2021, pero o próximo será tamén Ano Xubilar por decisión do Papa Francisco. A Porta Santa continuará aberta e seguirán chegando peregrinos. A pandemia desluciu este Xacobeo que, con todo, superou todas as espectativas coa chegada de máis de 185.000 camiñantes.