Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia conta coa maior porcentaxe de poboación vacinada coa dose de reforzo

Galicia conta coa maior porcentaxe de poboación vacinada coa dose de reforzo

Esta fin de semana continúa a vacinación do grupo de idade de 40 a 49 anos coa terceira dose

A participación dos convocados anda polo 90 %

G24.gal 09/01/2022 14:42

A vacinación en Galicia avanza máis rápido ca no resto de comunidades.
Esta fin de semana continúa a inmunización do grupo de idade de 40 a 49 anos coa terceira dose. A participación está a ser alta, anda polo 90 %.

"A xornada está indo fluída, menos afluencia ca onte por corentenas e polos positivos, pero está sendo fluída, esperamos unha porcentaxe dun 80 ou 90 %, unha porcentaxe alta, que é o que está a ser habitualmente", di Alex Baña, membro do equipo de coordinación da vacinación na Cidade da Cultura.

Este domingo están citadas no Gaiás, en Santiago, unhas 3.200 persoas. En total, en toda a fin de semana houbo máis de 7.000 convocados. Tamén teñen unha nova oportunidade outros tramos de idade que non acudiran no seu momento e os sanitarios que non cumprían os meses necesarios transcorridos desde a segunda dose. Todos eles están a ser convocados para a dose de reforzo.

Desde a coordinación da vacinación lembran que sen cita poden acudir os que non recibiran a primeira ou a segunda dose.

A vindeira semana chegará a quenda novamente dos máis pequenos. Nas mañás seguirán a vacinar os adultos e a partir do martes, polas tardes, inmunizarán os nenos de cinco e seis anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos