Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia emprega a intelixencia artificial no proceso de busca de emprego

Galicia emprega a intelixencia artificial no proceso de busca de emprego

As 54 oficinas do Servizo Público de Emprego contan coa aplicación EMI

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego estivo no 'Bos días'
G24.gal 30/06/2024 13:54

As 54 oficinas do servizo público de emprego de Galicia xa traballan cunha aplicación de intelixencia artificial denominada EMI, emprego intelixente, para conseguirlle unha ocupación aos arredor de 122.000 parados que hai rexistrados na comunidade. O sistema, baseado en modelos europeos e pioneiro en España, trata de superar as rixideces doutros modelos facendo un perfil personalizado das competencias de cada demandante de emprego.

 A intelixencia artificial facilitará a busca de emprego en todo o mundo

 A directora xeral de Formación e Cualificación manifestou no programa Bos Días que a aplicación de intelixencia artificial axudará no proceso de busca de traballo comparando o perfil do demandante, as súas capacidades e formación, cos datos reais do mercado de traballo nacional e internacional.

A nova tecnoloxía non afectará aos postos de traballo 

A responsable de Formación dixo tamén que a nova aplicación axudará aos orientadores laborais, sen quitar ningún posto de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade