Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia lócese co piragüismo nos Xogos Europeos

Galicia lócese co piragüismo nos Xogos Europeos

Os galegos lograron un total de 6 medallas

Resaltan os 4 ouros logrados pola expedición

G24.gal 25/06/2023 09:46

Galicia volve demostrar o seu dominio continental no piragüismo, esta vez nos Xogos Europeos en Cracovia. Foron 4 deportistas diferentes os que lograron un total de 6 medallas para o país.

Carlos Arévalo, betanceiro, e Rodrigo Germade, cangués, conseguiron xunto a Saúl Craviotto e Marcus Cooper un ouro en K4 500 metros que os coloca como uns dos favoritos para a medalla nos Xogos Olímpicos de París en 2024.

Tamén lograron o ouro en C2 200 metros a parella formada polo cangués Pablo Graña e a pontevedresa Antía Jácome impóndonse con máis dun segundo de vantaxe fronte a embarcación polaca que rematou no segundo posto.

Pablo Graña tamén conseguiu un meritorio bronce no C1 200 metros, mentres que Antía Jácome subiu ao segundo escalón conseguindo unha prata en C2 500 metros.

Remata con estes éxitos outra gran participación dos deportistas galegos no piragüismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos