Galicia pide ao ministerio 140 millóns dos fondos para vivenda accesible e rehabilitación
Galicia pide ao ministerio 140 millóns dos fondos para vivenda accesible e rehabilitación
Isabel Rodríguez anunciou na Conferencia Sectorial que se distribuirán 430 millóns entre as autonomías
A conselleira asegura que os 25 millóns que lle corresponden a Galicia son unha cantidade insuficiente
A ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, pide un acordo de país entre todas as administracións en materia de vivenda. Na primeira Conferencia Sectorial dende que asumiu o cargo, a ministra anunciou que se van distribuír 430 millóns de euros entre as comunidades autónomas para rehabilitación e construción de vivenda accesible.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda considera que a cantidade asignada a Galicia é insuficiente. Di que a comunidade cumpriu coas esixencia do Goberno central para acceder a un repartimento proporcionado dos fondos.
"A Galicia perténcenlle 25 millóns de euros, pero nós temos que dicir que esta é unha cantidade insignificante. O que reivindicamos son ata 140 millóns, os necesarios para atender esas máis de 10.000 familias que quedaron sen recursos nas convocatorias que tivemos no ano 2023", explica Ángeles Vázquez.