Cargando resultados...
Galicia presenta o seu plan contra o comercio e a explotación sexual
Galicia presenta o seu plan contra o comercio e a explotación sexual
Está dotado con 7 millóns de euros e consta de 59 medidas de asesoramento integral ás vítimas desta violencia
G24.gal
21/09/2022 16:05
Galicia ten desde hoxe un plan de seu contra o comercio e a explotación sexual.
Presentouno a Conselleira de Emprego e Igualdade ante as entidades que forman parte da Rede Galega contra a Trata.
Dotado con 7 millóns de euros, o plan consta de 59 medidas e políticas para o acompañamento, o asesoramento integral e tamén o reforzo da rede de acollida para mulleres que denuncien a coacción e a violencia que sofren.
Tamén se pretende axilizar o acceso ás axudas económicas dirixidas ás vítimas e reforzar as medidas de acceso ao emprego.