Publicador de contidos
Publicador de contidos

Varios detidos nunha operación contra o tráfico de persoas e a explotación sexual no Carballiño

Varios detidos nunha operación contra o tráfico de persoas e a explotación sexual no Carballiño

A operación está baixo segredo de sumario

G24.gal 18/06/2024 17:48 Última actualización 18/06/2024 20:58

Unha operación contra o tráfico de persoas e a explotación sexual que se leva a cabo no municipio ourensán do Carballiño liquidouse con varios detidos. 

Segundo fontes próximas ao caso, a investigación centrouse en domicilios e clubs de alterne da provincia.

A operación continúa aberta e está xa baixo segredo de sumario.

Fontes da Consellería de Política Social confirman estar pendentes da evolución da operación policial levada a cabo este martes e lembran que Galicia é "pioneira" na loita contra a trata con fins de explotación sexual.

Por este motivo, recalcan, a nivel lexislativo incluíu a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual como unha forma de violencia de xénero, "dando acceso a estas vítimas ás mesmas prestacións económicas ás que teñen dereito as demais vítimas de violencia de xénero", como a axuda económica mensual e os recursos de apoio xurídico, psicolóxico, social e de inserción laboral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade