Galicia proclámase campioa da Copa das Rexións UEFA
Galicia proclámase campioa da Copa das Rexións UEFA
O combinado do fútbol afeccionado galego derrotou a Belgrado (3-1) na final da Lomba
É o primeiro título da historia para a selección
Parafraseando a Manquiña en Airbag, a selección galega proclamouse campioa europea de afeccionados facendo un labor moi profesional. Os de Iván Cancela desfíxeronse de Belgrado nunha gran primeira metade en que Álex Rey deu o primeiro aviso os sete minutos prologando o primeiro tanto do partido. Iñaki ve o desmarque de Félix Rial que resolve no man a man con Brojovic.
A superioridade galega estaba a ser absoluta e de inmediato, o asistente Iñaki dispuxo dunha boa oportunidade para facer o dous a cero. Pouco a pouco, Belgrado foi meténdose no encontro. En parte, gracias á aparición de Pavlovic que fixo lucirse a Ramón.
Antes de chegarse o descanso, Galicia aumentou a súa vantaxe noutra intervención de Álex Rey que, como ante Bavaria, provocou un penalti que el mesmo transformou. A man de Kristovic custoulle o segundo cartón amarelo e foi expulsado.
Belgrado puido recortar as diferenzas na última xogada do primeiro tempo, pero de novo apareceu Ramón para deter o disparo de Gavrilovic. O serbio non o conseguiu nesta xogada, pero sí na primeira do segundo tempo onde logo dunha gran acción individual puxo o dous a un.
Iván Cancela moveu o banco dando entrada a Adri Otero, Óscar Lorenzo e Alex Ube. Belgrado puido igualar por medio de Kolarevic nun disparo rexeitado por Ramón. Pero os galegos responderon de xeito contundente. Adri Otero estrela o balón no poste nunha contra de vertixe.
E pouco despois, Iñaki pechaba o partido logo dunha boa combinación entre Lorenzo e Alex Ube. Era o minuto 74. De aquí o final, sucedéronse as oportunidades nas dúas áreas, pero a sorte estaba botada. Galicia facía historia o lograr o seu primeiro título internacional.
Logo do partido, os campións amosábanse eufóricos. Iñaki recoñeceu que "isto non o soñaba, non vin á fase intermedia, chamoume Iván agora...e medalla de ouro!"
Álex Rey estaba "moi orgulloso do equipo. Desde o principio desexábamos gañar o trofeo, e así foi"
Un dos máis emocionados era Antonio: "O mellor que me pasou na vida, toda a familia, toda Galicia vendo isto... o mellor que me pasou nunca"