O sector do turismo galego fai un balance positivo do verán
O sector do turismo galego fai un balance positivo do verán
A ocupación media foi do 80 % e chegou ao 95 % en certas zonas. A parte negativa, o gasto medio por turista descendeu entre un 7 e un 10 % respecto do ano pasado
O mal tempo da primeira quincena de xullo motivou a cancelación de moitas reservas, pero o sector do turismo está contento coas cifras coas que pecha o verán: unha ocupación un 2 % superior ao ano pasado e estancias medias de 5 días.
"Cumpríronse as previsións despois dese inicio do mes de xullo climatoloxicamente non tan bo, pero no mes de agosto incrementou o número de turistas. Rematamos estes dous meses cun 80 % de ocupación. Hai que salientar que en agosto houbo destinos que colgaron o cartel de completo, zonas como Sanxenxo, O Grove rozaron o 100 % de ocupación".
Tamén en agosto, en cidades como A Coruña e Ferrol superaron o 90 % de ocupación, e zonas como a Ribeira Sacra, a Costa da Morte e a Mariña Lucense manteñen o seu atractivo. O peor, o gasto medio por turista descendeu entre un 7 e un 10 % respecto a 2023. De cara ao mes de setembro, as perspectivas son boas.
"O número de reservas incrementou respecto ao ano pasado entre un 8 e un 12 %. Se o tempo acompaña, podemos chegar a ocupacións do 60 %. Haberá destinos que rozarán o 75 %".
Os datos recóllense en hoteis, hostais, cámpings, casas rurais e apartamentos turísticos. Os que non se inclúen son os das vivendas de uso turístico.