Galicia reforza a súa aposta pola produción de hidróxeno verde e conta coas posibilidades para xeralo de forma sostible

Hai varios proxectos próximos a executarse
O hidróxeno emprégase en moitas industrias, dende as refinerías ás químicas, e máis cara ao futuro. Galicia conta coas posibilidades para xeralo de forma sostible. Hai preto dunha vintena de proxectos relacionados co hidróxeno en marcha.
Un dos máis ambiciosos é o de Reganosa para unha planta nas Pontes, que xa recibiu 15 millóns de euros de fondos europeos. Na súa fase final terá 100 megawatts que producirá unhas 16.000 toneladas de hidróxeno ao ano.
O que quedou fóra desas axudas polo momento foi o hidroduto de Guitiriz, que permitía a exportación de hidróxeno máis alá de Galicia.
En total son máis de 30 os proxectos relacionados coa xeración de hidróxeno, dende o I+D, equipamento ou xeración e consumo. No futuro tamén servirá a empresas electrointensivas ou termointensivas ademais da industria química ou refinerías.