Sánchez apela ao crecemento económico de España para atraer investimentos da China
Sánchez apela ao crecemento económico de España para atraer investimentos da China
O grupo chinés Envisión anuncia a construción dun parque de hidróxeno verde en España
O presidente do Goberno continúa en Shanghai a súa visita á China. Amais de presidir a inauguración da segunda sede do Instituto Cervantes no país asiático e de participar nun foro tecnolóxico, a xornada de Pedro Sánchez tivo marcado carácter económico.
Nun foro empresarial, Sánchez destacou a fortaleza de España para atraer investimentos da China. E coincidindo coa visita, o grupo chinés Envisión anunciou o investimento de máis de 900 millóns de euros para construír unha fábrica de hidróxeno verde en España.
O xefe do Executivo agradecía este compromiso: "Hoxe, con este novo compromiso de investir mil millóns de dólares para construír unha fábrica de electrolizadores de hidróxeno en España, non só contribúen á nosa economía, tamén nos axudan a construír o futuro".