O 70 % da poboación galega de cinco a once anos ten a primeira dose contra a covid
O 70 % da poboación galega de cinco a once anos ten a primeira dose contra a covid
O Sergas remata as citacións neste grupo de idade
A primeira fase da vacinación do grupo de 5 a 11 anos chega ao seu remate. Galicia supera así o obxectivo do 70 por cento da poboación infantil inmunizada, que o Ministerio de Sanidade marcara para febreiro.
De feito, segundo o Sergas, é a primeira comunidade que logra pasar esta barreira. Sete de cada dez menores (o 73,5 %) nesta franxa xa recibiron a primeira dose.
"Estamos en torno ao 75 por cento de nenos e nenas de 5 a 12 anos vacinadas, case duplicamos a media española. É un dato moi significativo que xera confianza nas familias", asegura Román Rodríguez, conselleiro de Educación.
O Sergas citou 12.000 menores este sábado, a maioría de cinco anos. En oito semanas, poderán recibir a segunda dose.
"Coas citacións dos nenos intentamos ter máis persoal porque non é igual necesitamos algo máis de tempo, por dicir así un quencemento, falar con eles para que se sintan ben", comenta María José Parrado, a enfermeira que coordina a vacinación na Cidade da Cultura.