Galicia rexistra constrastes térmicos de máis de 20 graos
Galicia rexistra constrastes térmicos de máis de 20 graos
As temperaturas mínimas son propias do outono e as máximas, do verán
Os días amencen moi fríos con temperaturas próximas aos cero graos e os máis madrugadores saen á rúa ben abrigados.
"Polas mañás fai un frío terrible como se fose pleno inverno".
"Está dando sinais de que ven o outono".
Pero conforme avanza o día dispáranse as temperaturas, quedan días solleiros nos que moitos volven ás praias.
"Dentro dunha hora sobra esta roupa e precisas pantalón curto".
"O cambio climático nótase".
"A mediodía xa teño que alixeirar a roupa".
Os concellos galegos rexistran estes días contrastes térmicos de máis de 20 graos.
"As mañás están moi frías e pola tarde fai un sol espantoso".
"O tempo anda louco".
Na rúa hai contraste de vestimentas e mentres uns amosan síntomas de catarro outros precisan abanicarse.
"Polas mañás vai frío e hai que abrigarse e polas tardes hai que ir máis lixeiros. Imos ter que saír cunha bolsa e levar unha muda".
O forte contraste térmico marcará o inicio da semana en Galicia.