Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia inaugura 'Qmio', o computador cuántico con más cúbits do sur de Europa

Galicia inaugura 'Qmio', o computador cuántico con más cúbits do sur de Europa

Galicia sitúase á vangarda da tecnoloxía cuántica en Europa grazas a este computador 

O Centro de Supercomputación de Galicia e a empresa Fujitsu desenvolveron este proxecto

G24.gal 02/10/2023 14:53

Galicia convértese na primeira comunidade autonóma en contar cun computador cuántico de gran capacidade. O "Qumio" é o ordenador cuántico con máis cúbits do sur de Europa. Un cúbit é a unidade básica da computación cuántica, do mesmo xeito que o bit o é da computación clásica, polo que a máis cúbits maior potencia de computo cuántico.

O director do Cesga, Lois Orosa, explicou que se trata da tecnoloxía cuántica máis avanzada que existe agora mesmo en España e tamén una das máis punteiras de Europa.

O Centro de Supercomputación de Galicia e a empresa Fujitsu desenvolveron este proxecto, do que se beneficiará todo o tecido empresarial galego, centros tecnolóxicos e universidades.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación dixo que este computador permitirá incrementar a competitividade da economía galega.

"O primeiro ordenador cuántico de España, e o de maior capacidade de qubits instalado nunha institución pública do sur de Europa. Non só é un logro tecnolóxico, senón unha oportunidade para fortalecer a nosa economía", asegurou María Jesús Lorenzana.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade