Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os gandeiros galegos teñen dispoñibles 54 millóns de euros dos anticipos da PAC

Os gandeiros galegos teñen dispoñibles 54 millóns de euros dos anticipos da PAC

As axudas pódense cobrar do 16 de outubro ao 30 de novembro

Son 2.600 millóns de euros para gandeiros e agricultores de todas as comunidades

G24.gal 16/10/2024 20:06 Última actualización 16/10/2024 20:16

Os gandeiros e agricultores españois poden cobrar, desde este mércores, os 2.600 millóns de euros dos anticipos da PAC. Anunciouno o ministro de Agricultura no Congreso.

Son axudas directas que se repartirán entre as comunidades autónomas que as solicitaran.

A Galicia correspóndenlle 45 millóns e a Xunta ten agora a competencia para decidir o momento do pago. Os cartos estarán dispoñibles ata o 30 de novembro.

"Estas axudas son moi importantes, son unha inxección de liquidez para os traballos propios desta tempada e hai que aproveitalas", di o ministro Luís Planas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade