Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia vacinará contra o rotavirus os nenos nados desde o 1 de agosto

Galicia vacinará contra o rotavirus os nenos nados desde o 1 de agosto

A vacina só se viña administrando de forma gratuíta aos bebés prematuros

EFE 07/09/2023 16:10

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves a vacinación contra o rotavirus de todos os nenos nados a partir do 1 de agosto, unha vacina que ata o de agora só se administraba gratuitamente a bebés prematuros.

O rotavirus provoca unha gastroenterite que afecta especialmente os máis pequenos xa que, segundo os datos de Sanidade, o 85 % dos hospitalizados por esta doenza teñen menos de 2 anos.

Ademais, desde o próximo mes de outubro, tamén se iniciará a vacinación coa tetravalente contra o meningococo -principal causante da meninxite en nenos e adolescentes- e que se ofrecerá a todos os nados despois do un de xuño.

“O que facemos hoxe é seguir completando este calendario de vacinación” de forma que, asegurou o presidente da Xunta, Galicia volve ser “pioneira” na súa estratexia de inmunización infantil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos