Galicia xa pasa dos 14.000 casos activos e volve bater un novo récord de contaxios
Galicia xa pasa dos 14.000 casos activos e volve bater un novo récord de contaxios
A ocupación hospitalaria mantense estable, soben os ingresados en planta (+3) pero baixan os que están na UCI (-2)
Os casos activos en Galicia seguen o seu aumento e xa superan os 14.000, en concreto hai 14.346 persoas con coronavirus.
En canto aos contaxios diarios, estes volven marcar o máximo da sexta vaga con 1.240 casos novos detectados por probas diagnósticas.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 2.098 (+112)
Vigo: 4.561 (+83)
Ourense: 2.797 (+42)
Santiago: 1.248 (+125)
Lugo: 891 (+25)
Pontevedra: 2.215 (+110)
Ferrol: 536 (+14)
Pola súa parte, a ocupación hospitalaria mantense estable. Aumentan as persoas ingresadas en planta (+3), pero descenden as que se atopan en coidados intensivos (-2), deixando 230 e 47 hospitalizacións respectivamente.
O Sergas notificou na tarde do venres catro falecementos de persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con elas, a cifra total de decesos aumenta a 2.718 desde o comezo da pandemia en Galicia.
O xoves perdeu a vida un home de 78 anos no CHUVI e, nas últimas 24 horas faleceron un home de 86 anos no CHOP, unha muller de 95 anos no mesmo hospital e unha muller de 95 anos no CHUO.
Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.
Mapas de incidencia por concellos