Cargando resultados...
Galicia xa supera o récord de 5,1 millóns de turistas do 2019
Galicia xa supera o récord de 5,1 millóns de turistas do 2019
A semana pasada tamén se bateu outra marca ao pasar das 400.000 compostelas
G24.gal
25/10/2022 17:14
Galicia acaba de bater a marca de turistas rexistrada antes da pandemia. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este martes que xa neste 2022 xa se superaron os 5,1 millóns de viaxeiros que chegaron no ano 2019, cando se "pulverizaron todos os récords", segundo apuntou Rueda.
O presidente dixo que a Xunta non agardaba que a recuperación do turismo fose "tan potente" e lembrou outra marca rexistrada a semana pasada, a de 400.000 compostelas.
"Podo dicir a día de hoxe que acabaremos o ano con preto dos 700.000 peregrinos reais", afirmou Rueda, porque non todos os camiñantes recollen a credencial de que fixeron a ruta xacobea.