Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gamarra di que Sánchez é unha "marioneta" en mans dos independentistas

Gamarra di que Sánchez é unha "marioneta" en mans dos independentistas

A número dous do PP considera que as cesións de presidente do Goberno conduciron ao "boqueo da lexislatura"

G24.gal 17/03/2024 15:17 Última actualización 17/03/2024 15:46

Desde o Partido Popular, Cuca Gamarra afirma que o PSC e Salvador Illa son a "marca branca do independentismo" e que tanto este partido como Pedro Sánchez acabarán "materializando as demandas dos independentistas".

Nese sentido, considera que a ameaza é reiniciar todo o que significou o procés. Di Gamarra que agora toca o referendo de autodeterminación en detrimento dos problemas reais dos cataláns e dos españois.

"Un partido, PSC, e un candidato, Salvador Illa, que son a marca branca do independentismo, que van presentarse a unhas eleccións cun único obxectivo e é poder fortalecer o independentismo e que así poida sobrevivir Pedro Sánchez na Moncloa. Ao final converteuse nunha marioneta, unha marioneta que moven os independentistas día a día ata levar esta semana a colapsar a lexislatura".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade