Publicador de contidos
Publicador de contidos

García de Loza "O VAR debe ser máis áxil e non entrar en tódalas xogadas"

García de Loza "O VAR debe ser máis áxil e non entrar en tódalas xogadas"

O ex colexiado internacional coruñés analizou no Galicia en Goles a actualidade da arbitraxe no fútbol

G24.gal 19/02/2022 10:31

Xunto a Bernardino González Vázquez, Raúl García de Loza é un dos poucos árbitros galegos que chegaron a categoría internacional. Onte pasou pola Radio Galega e falou sobre o que pode ser o terceiro colexiado da nosa comunidade en chegar a ese chanzo da elite.

"Volvemos ter un árbitro en primeira división como é Alejandro Muñiz Ruiz. Será, algún día, internacional. Ten xuventude, está moi preparado e posúe unha condición física excelente. Non debe ter prisa por asubiar partidos dos grandes, hai que ir dando pasos de maneira pausada e tranquila. Todo chegará"

Aproveitando o seu paso polo Galicia en Goles deste venres, Roberto Carlos quixo que De Loza avaliase a video-arbitraxe, o famoso VAR que tanto está dando que falar dende a súa implantación hai algunhas temporadas.

"Son partidario do Var, pero ten que trocar cousas, a axilidade en ver xogadas, non se pode pasar 2 ou 3 minutos agardando. Coa técnica que se ten hoxe, debe mellorar. Outra cousa é que non debe entrar en tódalas xogadas, só para erros claros e manifestos do árbitro. Non pode entrar en tantas xogadas como agora. O colexiado, que está a un metro da xogada, é o que mellor ve a intensidade do empurrón, a xogada en si. Hai que confiar no seu criterio. Eu ás veces tardo moito en poder ter unha opinión, e iso que vexo moitas repeticións"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos