Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gazprom ameaza con suspender a subministración de gas se Europa limita o prezo

Gazprom ameaza con suspender a subministración de gas se Europa limita o prezo

A compañía asegura que un tope ao custo do gas incumpre o contrato coa UE

O martes a Comisión presentará un mecanismo temporal para limitar os prezos

Instalacións da gasística rusa Gazprom Instalacións da gasística rusa Gazprom
G24.gal 16/10/2022 22:20 Última actualización 16/10/2022 22:51

A gasística rusa Gazprom avisou a Unión Europa de que se se lle impón un tope ao prezo do gas, cesarán de inmediato a subministración.

A compañía asegurou que esa decisión suporía un incumprimento do contrato e que o propio mandatario ruso, Vladimir Putin, anunciou varias veces que non exportaría hidrocarburos se se limitan os prezos. 

A idea de poñerlle un límite ao prezo do gas ruso xa estivo durante semanas na mesa da Comisión Europea pero non se votou por temor aos problemas de abastecemento de quince países, entre os que se atopa España.

A presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, xa anunciou a súa intención de propoñerlles aos Estados esa intervención do mercado europeo do gas. O martes presentará un mecanismo temporal para limitar os prezos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade