Publicador de contidos
Publicador de contidos

A revisión da Axencia Tributaria determinará se a operación de Ferrovial é por motivos fiscais ou económicos

A revisión da Axencia Tributaria determinará se a operación de Ferrovial é por motivos fiscais ou económicos

O secretario xeral do sindicato de técnicos do ministerio de Facenda, José María Mollinedo, advirte de que se os argumentos económicos non son válidos, non se podería beneficiar do réxime especial de fusións

G24.gal 14/04/2023 10:42

O secretario xeral do sindicato de técnicos do ministerio de Facenda, José María Mollinedo, explicou nunha entrevista no Galicia por diante, a comprobación que realizará, de oficio, a Axencia Tributaria do traslado de Ferrovial de España aos Países Baixos. 

Apunta que se revisará "polo miúdo" a operación para ver se o motivo real do cambio da sede social responde a razóns económicas, como apunta a compañía, ou se o motivo real é pagar menos impostos e beneficiarse das vantaxes fiscais do país neerlandés.

"O que se vai comprobar é se esa operación ten motivos económicos válidos, é un requisito importante porque dependendo deses requisitos a empresa pode acollerse ós beneficios de réxime de fusión e cambio de domicilio. Se se determinada que a única finalidade ou a principal finalidade son os motivos fiscais, nese sentido non sería aplicables e tería que tributar polas plusvalías latentes que se xeraron nos activos da empresa española" apuntaba. 

Molinello evitou dar cifras pero apunta que se non se pode acoller ó réxime especial, "a liquidación da Axencia Tributaria establecerá unha elevada liquidación pola plusvalía latente que se xerou e tributará ao 25 % e impoñeráselle a sanción correspondente. Algo que non será do agrado da compañía, que amosará a súa desconformidade ante os tribunais que determinarán se a operación responde a motivos económicos válidos ou non". 

Explicou que, por exemplo, "os dividendos de renda estranxeira en España teñen unha exención do 95 por cento, mentres que nos Países Baixos é do 100 %. O Banco Sabadell calcula que serían un 40 millóns de euros de aforro" e apuntaba que cuestións coma esta serán as que revisará a Axencia Tributaria.  

Mollinedo evita as valoracións nesta fase inicial. O secretario xeral de Gestha non quixo opinar sobre as razóns de Ferrovial que aduce que non pode cotizar na bolsa de Wall Street e na española porque "non somos expertos en operacións financeiras e non se poden dar opinións xenéricas porque son operacións moi específicas". Enmarca dentro da normalidade esa comprobación que, apunta, se fai en calquera operación de fusións que "son moi comúns no mundo económico" e lembraba as reestruturacións bancarias e fusión durante a crise.  

Campaña da renda

Desde Gestha piden aos contribuíntes que revisen ben os borradores antes de confirmalos, incluso se lles sae a devolver. Mensaxe dos técnicos de Facenda tras se coñecer que desde que o inicio da campaña da renda, hai tres días, se presentaron un 27 % máis de declaracións ca no ano anterior. 

Advirte Mollinero que moitas veces no documento hai erros ou non se aplican todas as deducións das que se poden beneficiar, caso das autonómicas.  

"Os contribuíntes descargan o borrador, comproban que lles sae a devolver e confirman sen revisalo. A maioría descoñece que teñen algunhas vantaxes fiscais das que se poderían aproveitar. Lamentablemente iso ocorre en todas as campañas por máis que a Axencia Tributaria di que se revise", e explica que hai "preto dun cento de vantaxes e deducións fiscais na normativa estatal coma das autonomías".

O secretario xeral de Gestha, José María Mollinedo, pide calma e comprobar o borrador da renda coa guía que hai na web. Ademais lembra que se pode facer calquera consulta no chat habilitado pola Axencia Tributaria, ademais de poder repasar o borrador cun técnico por teléfono ou nas oficinas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade