Publicador de contidos
Publicador de contidos

Giráldez confirma a Guaita para xogar contra o Valencia e abre a porta de Bajcetic

Giráldez confirma a Guaita para xogar contra o Valencia e abre a porta de Bajcetic

Na previa do partido ante o equipo valencianista, o técnico fala de unha ou dúas incorporacións antes do peche do mercado

G24.gal 22/08/2024 13:57 Última actualización 22/08/2024 14:48

Claudio Giráldez asistitu á conferencia de prensa previa ao partido ante o Valencia de mañá ás 19:00 en Balaídos. O técnico vigués, centrado no partido, tamén falou sobre as posibilidades do Celta no que resta de mercado e se o conxunto olívico pode realizar algún movemento antes do peche deste.

Deixando claro que non entende a situación onde os equipos comezan o campionato co cadro de xogadores sen pechar, Giráldez respondeu á pregunta sobre a posible incorporación de Stefan Bajcetic: "Posible. É unha posibilidade máis". O xogador de tan só 19 anos é coñecido por Claudio debido ao seu paso polas categorías inferiores do Celta.

Ao mesmo tempo, en canto ás posibilidades no mercado, o adestrador vigués declarou que seguían a manter un equipo demasiado amplo, mais que estaban necesitados de completar varios perfís. Segundo as súas propias palabras no caso de acometer as incorporacións buscadas: "Seriamos un equipo hipercompleto". 

No referente á portaría, Giráldez confirmou a presenza no campo, mais non se sería titular, de Vicente Guaita. O gardarredes leva toda a semana adestrándose con normalidade e estará mañá en Balaídos vestido de curto. 

Claudio tamén foi preguntado pola situación dun dos máis destacados do inicio de liga, Swedberg. Non confirmou que mañá vaia ser titular, de feito, quixo aclarar que dependendo do partido o sueco poderá saír de inicio ou partir dende o banco de suplentes. Ademais, a súa competición polo posto con Bamba será beneficiosa para ambos, segundo afirmou o técnico. 

Precisamente sobre o primeiro partido de liga Giráldez deixou claro que a primeira parte non se podía repetir. Valorouna de maneira moi negativa e confirmou que non podía volver a ocorrer.

Segundo partido de liga para o Celta, maña ás 19:00 ante o Valencia. Segundo Claudio Giráldez, dous equipos valentes e cheos de xogadores novos que buscarán dominar o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade