Giráldez: "Parece que está preto, pero hai que facer 4 puntos"
Giráldez: "Parece que está preto, pero hai que facer 4 puntos"
O técnico do Celta non dá nada por feito na previa do partido ante o Atlético
O R. C. Celta visita este domingo o Wanda Metropolitano cunha salvación que aínda non é matemática. Os de Giráldez buscarán sumar o máximo posible para practicamente poñer a sentenza na súa disputa particular cun Cádiz C. F. que recibirá o Xetafe.
O técnico celtista Claudio Giráldez falou en conferencia de prensa sobre o partido de mañá ante o Atlético de Madrid. Comezou eloxiando o seu rival e avisando da dificultade que supón tratar de rascar algo no seu estadio. Ademais, o adestrador apuntou cara a eles mesmos, afirmando que aínda non realizaron unha boa actuación completa que durase "os noventa minutos", polo que seguía habendo marxe de mellora.
A situación para acadar a permanencia non é tan doada como pode parecer. Segundo as súas contas Giráldez dclarou que necesitan catro puntos para estar salvados, algo que aínda non conseguiron e que deixa traballo por facer aos celestes.
Por último, ao ser preguntado por Iago Aspas, o técnico defendeu a súa capacidade de adaptación e que poderá durar na elite "o que el queira" sempre e cando "o físico lle aguante, que parece que si". Volveu a valorar moi positivamente a actitude e o esforzo do seu capitán o cal espera que siga sendo clave nos vindeiros encontros.
Mañá ás 16:15 poderemos gozar do encontro entre Atlético de Madrid e R. C. Celta no Wanda Metropolitano.