Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gloria Lijó: "Choraba para ser home por poder ir ao mar"

Gloria Lijó: "Choraba para ser home por poder ir ao mar"

Foi a primeira muller en enrolarse nun barco pesqueiro de altura

Aprendeu a nadar aos 59 anos e logo participou en competicións internacionais

G24.gal 22/09/2024 17:51

Foi a primeira muller en formar parte da tripulación dun barco pesqueiro de altura. Gloria Lijó é unha pioneira e ata a Universidade de Santiago lle recoñeceu o mérito cun premio. A punto de celebrar os 80 anos, mantense moi activa.

Nada en Castiñeiras, no concello de Ribeira, e filla e neta de mariñeiros, a Gloria Lijó sempre lle chamou o mar.

"Considérome unha muller que fixo o que quería facer xa desde pequeniña. Choraba para ser home por poder ir ao mar. Eu fixen o que quixen e non me foi fácil, non vaias pensar. Puxéronme moitas trabas para poder ir ao mar pero fun, conseguino".

A principios dos anos 70 embarcou por primeira vez para traballar nun barco noruegués.

"Os noruegueses dicíanme que era unha gran dama".

Logo fixo de todo. Estivo enrolada nun barco de pesca de altura. O curioso é que non aprendeu a nadar ata que desembarcou. Rozaba os 60 anos e gañou varios campionatos de Galicia e España, e competiu nuns mundiais nos Estados Unidos.

"Quedei no número 22. Dixéronme que fora un exitazo para unha persoa que non fora nunca nadadora. Son afeccionada".

Nos anos 90 fíxose coñecida en toda Galicia polas súas intervencións no programa de Ana Kiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar