Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía investiga as causas da morte dunha muller no seu piso en Santiago

A Policía investiga as causas da morte dunha muller no seu piso en Santiago

Segundo fontes da TVG, a causa do falecemento foi unha lesión provocada por arma branca no peito

G24.gal 12/10/2024 00:05 Última actualización 12/10/2024 17:33

Unha muller apareceu morta, tirada no chan, no seu domicilio, en Santiago de Compostela, un inmoble situado no número 64 da rúa Cancelas, moi preto do centro comercial As Cancelas.

Foi un parente da vítima o que descubriu o corpo da muller. Como non dera contactado con ela, desprazouse á vivenda e atopouna tirada no chan, ferida e con moito sangue.

Inmediatamente alertou o 112, que enviou a Policía Nacional e unha ambulancia medicalizada. Os sanitarios trataron de reanimar a muller, pero xa non puideron.

Tras practicar as dilixencias oportunas, a xuíza de garda ordenou o levantamento do cadáver, que foi trasladado para lle practicar a autopsia. O resultado será clave para esclarecer o ocorrido e poder determinar se se trata dun crime ou a muller faleceu por un accidente.

A Policía Nacional, que recolleu probas na vivenda, abriu unha investigación. Segundo fontes da TVG, a causa do falecemento foi unha lesión provocada por arma branca no peito. Polo momento, a principal hipótese de traballo é o accidente doméstico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade