Abren as negociacións do salario mínimo coa ausencia dos empresarios
Abren as negociacións do salario mínimo coa ausencia dos empresarios
As propostas van dun mínimo de 1.040 euros dos empresarios aos 1.100 que piden os sindicatos
Dez días antes de que remate o 2022, Goberno e axentes sociais comezan a negociar a suba dun salario mínimo que cobran en España máis de dous millóns de persoas. O punto de partida é a recomendación dos expertos, que fixan a contía entre os 1.046 e os 1.082 euros, respecto aos 1.000 actuais.
"O único que sei é que imos subir o salario mínimo".
É a posición do Goberno. Os sindicatos reclaman chegar aos 1.100 euros en catorce pagas.
"Os que cobran o salario mínimo son os que máis notan a inflación e polo tanto hai que subilo".
As organizacións empresariais non están presente na mesa de diálogo tras das tensións co Ministerio de Traballo. Enviaron a súa proposta por escrito. Propoñen unha suba moderada do salario mínimo a 1.040 euros. Pero esixen condicións: deducións ao sector agrario e unha revisión dos prezos de contratación no sector público.
"Que o señor Garamendi deixe de traballar en diferido. Na mesa hai que estar presentes. Non remitindo papeis desde fóra".
"O salario mínimo non é diálogo social. É unha competencia do goberno previa consulta aos axentes sociais".
O Ministerio de Traballo afronta tamén unha nova xornada de folga dos inspectores que piden máis persoal e medios para desenvolver o seu traballo.