O xuíz do caso Koldo pídelle á Garda Civil verificar a declaración de Aldama
O xuíz do caso Koldo pídelle á Garda Civil verificar a declaración de Aldama
O empresario asegurou o pago de comisións a Ábalos, Koldo e outros cargos como o secretario de organización do PSOE, Santos Cerdán
Ábalos comunica ao Supremo que irá declarar o 12 de decembro polo caso Koldo
O xuíz que investiga o denominado caso Koldo na Audiencia Nacional, Ismael Moreno, solicitou á Garda Civil que comprobe e verifique o que manifestou o presunto comisionista Víctor de Aldama na súa declaración, na que afirmou que pagou comisións a distintos cargos.
O maxistrado require á Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil que emita un informe no que cotexe a declaración efectuada polo empresario, a pedimento da Fiscalía, que apoiou a saída de prisión de De Aldama horas despois de que comparecese na Audiencia Nacional.
A próxima cita xudicial de De Aldama será o próximo 16 de decembro no Tribunal Supremo, catro días despois de que o faga o exministro de Transportes José Luis Ábalos, e un día antes do seu exasesor Koldo García. Os tres están investigados polo posible cobro de comisións en contratos públicos de máscaras en plena pandemia, en 2020.
Durante a súa declaración ante o xuíz Moreno, De Aldama afirmou pagar comisións en efectivo a Ábalos, ao seu exasesor, e outros cargos como o xefe de gabinete da ministra María Jesús Montero, ou o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, extremos que estes negaron.