Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goberno e Generalitat reúnense este domingo para abordar as denuncias de espionaxe

Goberno e Generalitat reúnense este domingo para abordar as denuncias de espionaxe

Yolanda Díaz dixo en Cataluña que é unha cuestión moi grave

Nunha entrevista radiofónica asegurou que ela mesma teme que a poidan espiar cando fala por teléfono

G24.gal 23/04/2022 21:30

 "Vostedes están tranquilas cando falan por teléfono?"
"Non, eu non. Eu non"
"Temen que a poidan espiar?"
"Si, dígoo francamente, si"

Con esta rotundidade, a  vicepresidenta segunda do goberno confesaba nunha entrevista en Cataluña Radio o seu temor a que a poidan espiar cando fala por teléfono.

Dende Barcelona, onde participou na celebración do Sant Jordi, Yolanda Díaz advertiu que a suposta espionaxe, denunciada por máis de 60 dirixentes independentistas, non é soportable nunha sociedade democrática.

É que non depende do número de persoas que fora espiada, con que unha soa fora espiada é moi grave. A situación é grave non lle quero quitar nin un ápice de gravidade ao asunto. E xustamente porque é grave esixe de diálogo, dialogo e diálogo

O Goberno e a Generalitat intentarán encarrilar o diálogo nunha xuntanza de urxencia mañá en Barcelona. Vanse reunir o minisitro da presidencia, Félix Bolaños, e a conselleira Laura Vilagrá.

O presidente catalán, Peré Aragonés  advirtiu xa que a situación non se solucionará cunha foto do encontro. 

Non ten ningún sentido que a día de hoxe o presidente do Goberno non dese ningunha explicación As explicacións da ministra de Defensa, Margarita Robles, son insuficientes e mesmo contraproducentes.

Creame, estamos traballando por un tema que creo que é de máxima importancia para o conxunto do país e sobre todo para as democracias contempóraneas

Dende a Generalitat manteñen que o encontro de mañá non pode subistutuír unha xuntanza nos próximos días entre Sánchez e Aragonés.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos