Goberno e oposición venezolana, decididos a ir ata o final no seu enfrontamento electoral
Goberno e oposición venezolana, decididos a ir ata o final no seu enfrontamento electoral
O presidente Nicolás Maduro asegurou que manterán o control en todo o país
A oposición venezolana reivindicou de novo nas rúas de Caracas o triunfo nas eleccións presidenciais. Na mobilización non estivo presente o candidato opositor, pero si a líder da coalición. María Corina Machado asegurou que manterán a presión ata que o Goberno de Nicolás Maduro entregue as actas electorais e recoñeza a súa derrota.
Tamén se mobilizaron este sábado en Caracas os seguidores do goberno chavista. Nicolás Maduro reivindicou de novo o triunfo electoral, e ameazou coa prisión a dous mil opositores detidos.
Detido un fiscal venezolano que non quixo procesar catro manifestantes
Este domingo, a Fiscalía xeral venezolana informaba da detención dun fiscal que se negou a procesar a catro manifestantes acusados de terrorismo.
Nicolás Maduro asegurou que manterán as medidas de control en todo o país.
O chavismo di que o CNE ten 30 días para publicar as actas electorais.
Outro home forte do chavismo, Diosdado Cabello, afirmou que o Consello Nacional Electoral ten trinta días de prazo para publicar as actas electorais.